Home / Cultura / Deporte, danza, música e teatro infantil en Narón

Deporte, danza, música e teatro infantil en Narón

FERROL360 | Sábado 22 outubro 2016 | 12:25

Programación variada e completa a que nos oferta esta fin de semana o Concello de Narón. Unha oferta que inclúe a celebración do Open Gallego de Ciclocross, dunha peza de danza contemporánea, da andaina do programa «Ponte en ruta con nós», de música, de teatro infantil e da charla cos triatletas Javier Gómez Noya, Sara Guerrero e David Castro.

Así, este sábado terá lugar o Open Gallego de Ciclocross. VII Trofeo Cidade de Narón, a partir das 14.00 horas, no Polígono de Río do Pozo. Xa en xornada de tarde, no Pazo da Cultura, a compañía Kukai Dantza porá en escena a peza de danza contemporánea Oskara.

Será ás 20:00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante.

O domingo día 23 de outubro comezará cunha andaina dentro do programa «Ponte en ruta con nós», que irá desde Narón ata A Cabana. A saída, prevista para as 10:30 horas, será desde o polideportivo da Gándara cara ao local social da Cabana. Un total de 165 persoas participarán no percorrido programado polos paseos marítimos de Narón e Ferrol, desde a zona da Gándara ata A Cabana.

Os peques tamén teñen o seu espazo dentro da programación cultural. Para eles está dirixida a obra Rubicundo da compañía teatral Ghazafelhos. A cita será a partir das 18:00 horas no Auditorio municipal. O prezo das entradas é de 7,50 euros para o público en xeral e de 5,25 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados.

Como cada domingo, o local social da Picota en O Couto acollerá a actividade «Tempo de música» coa participación das corais Airiños de Caranza e Orfeón de Moaña. A entrada é de balde e as actuacións comezarán ás 18:00 horas.

Para finalizar, o luns 24 de outubro terá lugar a charla-coloquio sobre «Triatlón, presente e futuro», a cargo dos triatletas Javier Gómez Noya, Sara Guerrero e David Castro. Será ás 20:30 horas no Pazo da Cultura. O xornalista deportivo Antón Bruquetas será o presentador-moderador deste evento.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies