Home / Sociedad / En femenino / Deputación e Concello de Ferrol suman forzas contra a violencia de xénero

Deputación e Concello de Ferrol suman forzas contra a violencia de xénero

FERROL360 | Xoves 14 xaneiro 2016 | 11:50

A Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol artellarán novas fórmulas de colaboración e ferramentas, tanto de sensibilización como de actuación, para previr e combater as desigualdades de xénero.

Así o acordaron a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, a deputada da área de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco, e a concelleira de Muller de Ferrol, Beatriz Sestayo, nunha xuntanza que tivo lugar este mérecores en dependencias do organismo provincial.

Na reunión estudaron as diversas fórmulas de colaboración a levar a cabo para loitar contra a violencia de xénero. Unha cuestión que as tres destacaron como prioridade absoluta na súa acción de goberno.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies