Home / Sociedad / Empleo / Derradeiro día para anotarse no curso de competencias dixitais ofimáticas de Amtega

Derradeiro día para anotarse no curso de competencias dixitais ofimáticas de Amtega

FERROL360 | Martes 14 xuño 2016 | 10:22

Este martes finaliza o prazo para anotarse no curso de teleformación convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -Amtega- para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Ofértanse 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial, que terá lugar a finais do mes de novembro. Os interesados poden obter máis información na web da Amtega e tamén na Aula CeMIT de San Sadurniño no teléfono 616.016.793 ou no correo: cemit.sansadurnino@xunta.es.

Para poder acceder ao curso é imprescindible ter máis de 16 anos, estar de alta como persoas usuarias da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación.

A continuación, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas, unha vez realizado o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética.

As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

Contidos do curso

Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia como son: sistema operativo, busca da información e correo electrónico; aplicacións informáticas de bases de datos relacionais; para presentacións; de tratamento de textos e de follas de cálculo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies