Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Derradeiro día para apuntarse no mercado local de San Sadurniño deste domingo

Derradeiro día para apuntarse no mercado local de San Sadurniño deste domingo

FERROL360 | Mércores 22 xuño 2016 | 9:23

Os xardíns de San Sadurniño serán escenario este domingo do primeiro mercado local do verán. Un mercado no que poderemos atopar alimentos frescos e elaborados, produtos de artesanía, roupa, ferrallada antiga, libros, discos e outros obxectos de segunda man.

Ás 14:00 horas péchase o prazo para a inscrición de postos. As solicitudes de espazo deben facerse cubrindo unha ficha, que deberá presentarse na Casa da Cultura en horario de mañá, ou ben no Rexistro, ou por fax ao: 981.490.474 ou a través do correo electrónico: agustin.perez@sansadurnino.gal. O listado de admisións publicarase o xoves.

O mercado arrancará sobre as 10:00 horas, aínda que o movemento xa se notará desde dúas horas antes coa chegada de expositores ao recinto. Agárdase que para esta primeira cita feiral do verán se xunten arredor de 80 postos. Unha cifra que pode variar á baixa se o día vén de auga, aínda que a previsión meteorolóxica indica que teremos unha xornada de verán en toda regra.

O mercado local de San Sadurniño naceu co obxectivo favorecer a comercialización dos produtos de calidade da comarca, na liña de que o maior valor engadido quede nas explotacións. Un obxectivo ao que sempre se lle arrimou a posibilidade de vender unha infinidade de artigos manufacturados e tamén obxectos antigos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies