Home / Ferrol / Narón / Descontos, agasallos e sorteo dun iPhone 6 na campaña de primavera do comercio de Narón

Descontos, agasallos e sorteo dun iPhone 6 na campaña de primavera do comercio de Narón

Ameneiro, Villamar e Cereijo en rolda de prensa este mércores (cedida)
Ameneiro, Villamar e Cereijo en rolda de prensa este mércores (cedida)

FERROL360 | Xoves 12 maio 2016 | 11:16

Os comercios de Narón queren mimar aos seus clientes e para elo poñen en marcha unha campaña de primavera ben potente con descontos en produtos e servizos, agasallos e mesmo un sorteo dun Iphone 6S. A campaña, impulsada pola Concellería de Promoción Económica, desenvolverase desde o 15 de maio ata o 15 de xuño coa colaboración da Asociación Comercio de Narón (ACN).

O edil do departamento de Promoción Económica, Pablo Villamar, salientou a importancia de «promocionar o sector na localidade» porque entende que «o comercio tamén é unha forma de facer Narón e de xerar riqueza e emprego cos que poder manter unha cidade viva».

Pola súa banda, a presidenta da Asociación Comercio de Narón, Olga Ameneiro, agradeceu a colaboración do Concello para «apoiar unha vez máis ao comercio local» e resaltou a necesidade de mantela impulsando novas accións conxuntas.

Sorteo dun Iphone

Ameneiro explicou que para participar no sorteo do Iphone 6S é preciso realizar unha compra por un importe superior a 30 euros nos establecementos participantes na campaña e gardar o ticket, que será obrigado presentar no caso de resultar gañador.

O día da compra, os participantes terán que subir unha fotografía simpática ao Facebook da asociación, a través dunha aplicación que se habilitará ao efecto, e pódense subir tantas como compras se realicen.

Ademais, durante esta campaña promoverase unha acción novidosa, que consistirá no reparto de publicidade nunha bicicleta que percorrerá as zonas de máxima afluencia comercial da localidade e na que se repartirán folletos informativos sobre esta campaña.

Participan nesta iniciativa un total de dezaoito establecementos: Óptica La Gándara; Centro de estética Rocío Rodríguez; Óptica Valero; Lucía Vega (asesoría); Mercería paquetería Chandy; Loxe (artesanía); Sikna (deseño); Temadi; Bioreona; Mercería paquetería Losi; Parafarmacia Andoriña; Alain Afflelou; Boutique e perruquería Mónica Cereijo; Mercería Lazos, Calzados Mara, Punto PC; A tenda de Sara e Mercería Mari Josi.

As persoas interesadas en coñecer a ubicación destes comercios poden localizalos nesta ligazón, a través dun mapa virtual.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies