Home / Opinión / 'Ferrol Rebelde' / «Desde o centro da súa fronte manaba unha fonte de sangue»

«Desde o centro da súa fronte manaba unha fonte de sangue»

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Sábado 6 maio 2017 | 11:50

«Púxenme na cabeza do grupo que estaba obrigando os grises a retirarse, practicamente chegando a primeira fila. Á altura do que hoxe é a entrada do centro de formación profesional Ferrolterra, só tiña por diante a Daniel Niebla, que corría levando debaixo do brazo dereito o seu buzo de traballo envolvido ao estilo de Bazán. Nese momento xa a policía estaba chegando aos autobuses que deixaran poucos metros máis atrás e no mesmo sentido, á esquerda, próximos ao valado. De súpeto, Daniel cae dobrándose sobre si mesmo e queda tendido no chan nunha estraña posición. Por un instante, pensei que tropezara. Ao achegarme e intentar levantalo, vin como desde o centro da súa fronte manaba unha fonte de sangue. Quedei arrepiado».

Rafael Pillado quedou arrepiado. O seu testemuño está recollido nun libro imprescindíbel: O latexo da vida e da conciencia. Non era 1936. É 1972 e o terrorismo de Estado continúa a masacrar ao pobo traballador. Cada unha das balas ten un nome, un rostro, unha historia:

Daniel Niebla García impacto de bala na cabeza.
Amador Rei Rodríguez impacto de bala no peito.

Xulio Aneiros Fernández bala na clavícula.
Alfonso Quintela Tenreiro bala na cabeza.
Claudio Freire Carballo bala na perna dereita.
Eladio Teloy bala no pescozo.
José Rey Otero bala no pescozo.

Santiago Arrojo Pérez bala rexión lumbar-sacra.
Cipriano López Pita bala nunha man.
Marcelino Piñón Rodríguez bala no maxilar.
José Carlos Díaz Ramos bala na rexión renal.
Antonio Fernández Martínez bala no brazo.

José Suárez Pita bala no brazo.
Antonio Pérez Fraga bala no brazo.
José Antonio Lamas Tojeiro bala no pescozo.
José María Pérez González bala na coxa.
Abelardo Teixeiro Laxe bala nunha perna.

Unha lista incompleta que continúa a clamar xustiza. Os crimes contra a humanidade non prescriben.

*Os roteiros de ‘Ferrol Rebelde. Un paseo por cen anos de historia obreira’, guiados por Marcos Abalde, son todos os sábados do mes de maio ás 17:00 horas. A entrada de balde e saen do palco da música do Cantón de Molíns. Inscrición previa no teléfono 698 157 414.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies