Home / Eume / Dez empresas da comarca participan nunha plataforma de turismo industrial

Dez empresas da comarca participan nunha plataforma de turismo industrial

FERROL360 | Martes 1 setembro 2015 | 19:55

A Plataforma de Turismo Industrial impulsada pola Deputación da Coruña, en colaboración coa Escola de Organización Industrial e o financiamento de fondos FEDER, busca facer das visitas turísticas un complemento máis da actividade das PEMES da provincia. Unha actividade que sirva para a promoción dos produtos das comarcas e para a dinamización da súa actividade económica.

O proxecto consiste na creación de cinco rutas, experiencias e paquetes turísticos, e na súa difusión a través desta web e unha aplicación móbil, xa dispoñible para iOS e Android. Nestas plataformas o usuario atopará información detallada de cada un dos cinco eixes turísticos protagonizados polos aspectos industriais máis destacables de cadaa zona.

Ademais, tanto a web como a App ofrecen información turística sobre aloxamentos e locales de hostalería, patrimonio cultural, artístico e etnográfico, paisaxes naturais ou museos en cada unha das zonas.

Cinco rutas temáticas na provincia

Nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal participan dez empresas no proxecto e a temática das visitas xira entorno á «Natureza e Enerxía». A ruta contempla un percorrido por empresas de alimentación que traballan de xeito artesanal ou viveiros de prantas e combínase coa oferta natural que ofrece zona, con enclaves singulares como as Fragas do Eume ou a Serra da Capelada.

Na zona da comarca da Coruña, parte de Bergantiños e do interior coruñés, defínese o eixe temático «Construíndo o cotián», mentres que a ruta temática «O Mar e os seus oficios» exténdese dende a Costa da Morte ata Barbanza; No cadrante central, que inclúe as Mariñas Betanceiras atópase a ruta «Reinventando a alimentación» e o eixe «Camiños de terra e auga», integra a o sur da provincia.

App e novas inciativas do proxecto

Na App o usuario terá información sobre cada unha das rutas e das empresas participantes con horarios, imaxes, datos de produción, mapas, historia, número de teléfono e dirección e-mail. Ademais, poderá reservar directamente as súas visitas en función dos días e horarios habilitados por cada empresa.

A nova etapa deste proxecto consistirá no asesoramento ás PEMES para sinalización e panelización dos distintos itinerarios polas factorías, na definición de rutas, creación de experencias e paquetes turísticos e en campañas de formación para a implantación de plans de calidade e novas tecnoloxías aplicadas á xestión, comercialización e promoción dos produtos.

A Deputación da Coruña, a través dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, investirá 33.000 euros nesta nova fase. A iniciativa púxose en marcha en 2014 con sesións de asesoramento e consultoría personalizada para ofrecer aos empresarios ideas e formación sobre como aproveitar as visitas turísticas ás súas instalacións como complemento da súa actividade comercial.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies