Home / Opinión / De quen vés sendo? / Día Mundial da Loita contra o Cancro

Día Mundial da Loita contra o Cancro

A entidade leva a cabo esta semana unha campaña de mensaxes nas súas redes sociais

A entidade leva a cabo esta semana unha campaña de mensaxes nas súas redes sociais

Por+Vida | De quen vés sendo? | Xoves 4 febreiro 2016 | 9:42

Este xoves 4 de febreiro é o Día Mundial da Loita contra o Cancro e nós, coma todos os anos dende a fundación desta asociación no 2011, queremos chamar a atención aproveitando esta data na que os medios e a cidadanía poñen unha especial énfase. Para nós todos os días do ano son de loita contra esta enfermidade onde temos que aprender a vivir coa mesma e concienciar a sociedade, pois todas as persoas son vítimas potenciais.

E dicimos isto cos datos publicados pola Sociedade España de oncoloxía médica (SEOM), onde nos contan que unha terceira parte da poboación do Estado padecerá cancro algunha vez na súa vida, na que agardan un 246.713 novas diagnoses, un 12,6 % máis que no 2012. Estas cifras xustifícanse polo aumento do envellecemento na poboación, pola exposición de factores medio ambientais e a eficacia das técnicas de diagnose.

Os cancros máis habituais, coas cifras do ano 2012, foron os colorrectais (14,98 %) que afectaron a ambos sexos, seguidos do de próstata (12,92 %), pulmón (12,39 %), mama (11,7 %) e vexiga (6,4 %). Considera o SEOM ao cancro como un problema sanitario de primeira orde, pois constitúe un dos principais motivos de ingreso hospitalario e a segunda causa de morte despois das enfermidades do aparato circulatorio.

Nós tomamos as recomendacións médicas e a experiencia para difundir e mellorar as nosas vidas e as da cidadanía con hábitos saudables (comer sano, non fumar, práctica de actividade física constante adaptada ás necesidades e á natureza de cada persoa), realización de probas de control e detección precoz desta enfermidade, que poden atallar antes e dun xeito efectivo a enfermidade antes de que chegue a un estado avanzado.

Tampouco imos deixar escapar a oportunidade de volver a lembrar as nosas reivindicacións e peticións urxentes ante o tema sanitario que nos afecta: políticas de prevención eficaz que inclúan a educación para a saúde. Unha atención integral e multidisciplinar aos enfermos, a dotación dos recursos humanos e materiais suficientes para ser tratados coa dignidade á que temos dereitos como pacientes.

A eliminación dos copagos sanitarios e a dispensación dos tratamentos recomendados polos oncólogos sen inxerencias dos cargos político-administrativos. Denunciamos as restricións do uso de fármacos oncolóxicos e a falla de transparencia da administración Sanitaria Galega ao respecto.

Enormes retrasos cos que a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios aproba o financiamento dos novos fármacos, despois de seren autorizados pola Unión Europea (no caso do TDM1 foi de 600 días, cando a UE recomenda un máximo de 180 días), e os enormes retrasos con que a Comisión de Farmacoterapia de Galicia os reaproba na nosa Comunidade despois de ser autorizados polo Ministerio de Sanidade (aproximadamente dous anos no uso ampliado da Abiraterona).

Isto implica que moitos enfermos galegos morrerán sen poder beneficiarse destes tratamentos. Máis investimentos en investigación. Non esquecemos as nenas e nenos enfermos de cancro que teñen dereito a máis apoio educativo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies