Home / Ferrol / As Somozas / Diego Calvo asegura que no vindeiro exercicio se manterán os orzamentos aos concellos da provincia

Diego Calvo asegura que no vindeiro exercicio se manterán os orzamentos aos concellos da provincia

FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 17:53

O presidente da Deputación Diego Calvo, mantivo esta mañá un encontro co alcalde do Concello de As Somozas e outros membros da corporación municipal.

Alí, repasaron as últimas achegas provinciais coma o Plan de Obras e Servizos do 2013. Dende o ente provincial, sinalan que esta actuación serviu para destinar case 100.000 euros a gasto corrente e máis de 70.000 euros para mellorar infraestruturas municipais. Do mesmo xeito, Calvo asegurou que As Somozas seguirá beneficiándose deste plan durante o exercicio 2014 para que poidan seguir destinando ata un 60% a gasto corrente.

O presidente da Deputación, tamén sinalou que as novas bases das convocatorias irán adaptadas ás «verdadeiras necesidades dos municipios». Facía referencia a doutar de maior liberdade a xestión dos investimentos por parte das administracións locais.

Sobre o documento orzamentario que se levará á sesión plenaria o próximo venres 22 de novembro, Calvo adiantou que foi un presuposto «elaborado mantendo a nosa vocación principal, orientar todos os nosos servizos aos 93 concellos da provincia da Coruña».

Diego Calvo visitaba esta mañá o Concello de As Somozas (Foto: Deputación da Coruña)

Diego Calvo visitaba esta mañá o Concello de As Somozas (Foto: Deputación da Coruña)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies