Home / Actualidad / Disposición «total» de Ferreiro para informar sobre o contrato de recollida de lixo

Disposición «total» de Ferreiro para informar sobre o contrato de recollida de lixo

FERROL360 | Luns 25 xuño 2018 | 8:57

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, ofrece a total disposición do Concello para ofrecer a documentación que se estime oportuna sobre o contrato do servizo de recollida de lixo. Ferreiro incidiu en que a admisión a trámite, por parte do Tribunal de Contas, da denuncia presentada polo edil de ENE, é un «trámite procesal que se segue cando se produce unha denuncia por acción pública ante o Tribunal».

A rexedora sinalou que nese trámite «se aborda un tema sobre o que o Concello de Narón, na sesión plenaria do pasado mes de maio, xa acordou requerir á concesionaria do servizo o debido abono das contías acordadas».

Estas contías, apuntou, «calcúlanse en virtude da revisión de prezos, informada favorablemente polos técnicos e a intervención municipais, e non dos cálculos que aporta o concelleiro de ENE».

A situación actual, indicou, «é un mero trámite neste tipo de procedementos, e que non presupón confirmación das manifestacións do edil de ENE, senón que se limita ao nomeamento dun Delegado-instrutor, que será a persoa á que lle corresponderá verificar a conformidade a dereito do actuado polo Concello en relación co citado contrato, para o que desde o goberno local ofrecemos toda a colaboración que se nos requira».

Finalmente Marián Ferreiro incidiu en que o Concello de Narón e o seu persoal cumpren coa lexislación vixente e incidiu na total dispoñibilidade do goberno que preside para aportar a documentación que se estime oportuna desde calquera organismo público, como neste caso o Tribunal de Contas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies