Home / Ferrol / Ares / Dispositivo especial de tráfico en Ares durante a Semana Santa

Dispositivo especial de tráfico en Ares durante a Semana Santa

FERROL360 | Martes 22 marzo 2016 | 18:30

O Concello de Ares, a través da Policía Local, puxo en marcha un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración da Semana Santa. Deste xeito, os días nos que se celebren os actos relixiosos adoptaranse unha serie de medidas que afectarán, fundamentalmente, ao estacionamento e ó tráfico rodado por algunhas das vías da vila.

Este martes terá lugar un Vía Crucis con saída da Praza da Igrexa e percorrido pola rúa Real, rúa María, cruce Bazar Moncho e regreso pola rúa Real ata a Praza da Igrexa. Por esta razón, nestas rúas, entre as 19:00 e as 22:30 horas, estará cortado o tráfico para toda clase de vehículos, así como prohibido o estacionamento.

Na xornada do Xoves Santo celebraranse dúas procesións, polo que estará cortado o tráfico ao paso das mesmas e tamén o estacionamento entre as 16:30 e as 00:00 horas. Nesta ocasión, as rúas afectadas serán a praza da Igrexa, a rúa Real -entre a praza da Igrexa e rúa Xuncal-; rúa Xuncal e rúa María -entre rúa Xuncal e o Gran Barato-.

Unha das principais xornadas será a do Venres Santo e durante as diferentes procesións da mañá e da tarde prohibirase a circulación de vehículos, ademais de non permitir aparcar entre as 08:00 horas e as 00:00 na praza da Igrexa, rúa Real -entre a praza da Igrexa e rúa Xuncal-; rúa Xuncal e Rúa María -entre a rúa Xuncal e o Gran Barato-.

O sábado 26 pecharase ao tráfico e prohibirase o estacionamento na Praza da Igrexa, entre as 20:30 horas e as 00:00. Finalmente, o Domingo de Resurrección prohibirase a circulación mentres se celebra a procesión, entre as 10:30 e as 12:15, aproximadamente, aínda que estará permitido o estacionamento.

Neste espazo de tempo non se permitirá a incorporación á circulación dos vehículos estacionados no s treito commprendido entre a igrexa parroquial , rúa Real , avenida de Mugardos , rúa Celso Emilio Ferreiro e Avenida Tucho Vilasanchez ata a Igrexa de Lubre.

Desde o Concello e a policía local piden a comprensión e colaboración cidadá para garantir que os actos relixiosos da Semana Santa, de fondo arraigo en Ares, se desenvolvan con normalidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies