Home / Ferrol / Narón / Dolores Graña Freire, elixida Muller do Ano en Narón

Dolores Graña Freire, elixida Muller do Ano en Narón

FERROL360 | Xoves 6 marzo 2014 | 17:32

O Concello de Narón nomeou a Dolores -Lola- Graña Freire como Muller do Ano 2014 nun acto oficial celebrado este xoves no consistorio

A que fora presidenta da Asociación de Veciños Virxe do Mar durante os anos 1999 e 2012, recibiu publicamente os parabéns polo traballo desenvolvido durante esta etapa na entidade naronesa.

De mans do alcalde José Manuel Blanco, a homenaxeada recibiu un ramo de flores e un broche, que lucirá o vindeiro venres 14 de marzo na tradicional cea de mulleres.

O rexedor, acompañado polos membros da corporación municipal, destacou desta muller o seu esforzo de moitos anos «a prol dos seus veciños». Non puidendo homenaxear a todas aquelas veciñas que aínda traballan arreo no municipio, pretenderon con este recoñecemento representar «en Lola a todas elas».

A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, tamén sinalou que Lola é «un exemplo para que tódalas mulleres nos impliquemos na sociedade e loitemos por conseguir un mundo mellor».

Os actos que conmemoran o Día Internacional da Muller, completaranse coa representación da peza teatral El(l)as confidencial, o sábado ás oito da tarde no Pazo da Cultura. As entradas para o espectáculo poden reservarse no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 ou 1113). Ademais, o vindeiro mércores día 12, o local social de O Alto acollerá unha mesa redonda baixo o título Educando en igualdade e o xoves día 15, a praza de Galicia vestirá un mural elaborado por tódalas mulleres asistentes. Estos dous últimos actos, serán ás seis da tarde.

Dolores Graña Freire, rodeada por membros da corporación municipal de Narón, foi elixida este xoves Muller do Ano 2014 (foto: Concello de Narón)

Dolores Graña Freire, acompañada por membros da corporación municipal de Narón, foi elixida este xoves Muller do Ano 2014 (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies