Home / Deportes / Dous ouros e unha de prata para o Ximnasia Artística Ferrolterra no Torneo Universidade da Coruña

Dous ouros e unha de prata para o Ximnasia Artística Ferrolterra no Torneo Universidade da Coruña

FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 11:29

O Club Ximnasia Artística Ferrolterra acadou tres metais no III Torneo de Ximnasia Universidade da Coruña disputado o pasado sábado. A ximnasta Ainhoa Tenreiro Mosquera colgouse dúas medallas de ouro en chan e barra de equilibrio e unha medalla de prata en asimétricas. Ademais, subíuse ao primeiro posto no cómputo dos catro aparatos da xeral na súa categoría, Promogym 3.

O clube desplazou a un total de seis ximnastas, o número máximo permitido, a este torneo que se celebrou no Campus de Elviña. Participaron: Alba González Gorgullo, Lola Caínzos Díaz e Andrea Martín Iglesias, no nivel 1 de 8 a 9 anos; Judith Lago Varela no nivel 2 maiores e Paula Parada Rodríguez e Ainhoa Tenreiro Mosquera en Promogym 3.

O presidente do Club Ximnasia Artística Ferrolterra, Emilio Sas, salienta nun comunicado de prensa que «todas as nosas ximnastas estiveron excelentes, a pesar dos nervios por ser o primeiro torneo do ano, amais de que se estreaban a maioría en categoría ou nivel de competición».

Un equipo do clube fenés participará no Torneo de categorías Promogym de Gijón o vindeiro 27 de marzo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies