Home / Actualidad / Dúas convocatorias para celebrar o Día da Clase Obreira Galega en Ferrol

Dúas convocatorias para celebrar o Día da Clase Obreira Galega en Ferrol

FERROL360 | Sábado 9 marzo 2019 | 20:18

Este domingo, 10 de marzo, toda Galicia conmemora o asasinato de Amador e Daniel a mans da policía franquista. O Día da Clase Obreira Galega pon o foco na cidade naval mais, de novo, a convocatoria non contan coa unidade sindical.

Ás 10:30 horas haberá unha ofrenda floral na memoria do histórico sindicalista Julio Aneiros na rúa que leva o seu nome no Bertón. Despois, ás 11:00 horas, haberá ofrenda no monumento que lembra esa xornada traxicamente histórica en Recimil.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, presidirá o acto, apoiado polos sindicatos agás a CIG, que ten a súa propia mobilización máis tarde. Ás 11:30 sairá a manifestación e ás 13:00 horas celébrase a entrega dos premios 10 de marzo organizados por CC.OO. no Torrente Ballester.

Pola súa banda, A Confederación Intersindical Galega (CIG) sairá ás 12:00 horas desde o monumento «para exixir que se deroguen as reformas laborais e as políticas executadas coa escusa da crise porque cada día que pasa medra a precariedade, a pobreza laboral e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies