Home / Actualidad / Eduardo Lourido, candidato do PSOE á alcaldía de San Sadurniño

Eduardo Lourido, candidato do PSOE á alcaldía de San Sadurniño

FERROL360 | Sábado 17 xaneiro 2015 | 19:54

Eduardo Lourido Doval será o candidato do PSOE á alcaldía de San Sadurniño nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. Lourido ten 43 anos, reside na localidade e traballa como bombeiro no parque comarcal de Betanzos. Tamén foi delegado sindical da UGT durante cinco anos cando traballaba nunha empresa auxiliar do estaleiro de Navantia Fene.

Con este cambio, o PSOE aposta por renovar o seu cartel electoral nunha vila na que aspira «a articular un cambio de rumbo, unha nova forma de facer política, baseada na cercanía, no traballo en equipo e no servizo aos veciños«, afirma o candidato.

Lourido tamén eloxia a labor desenvolvida durante estes anos polo actual portavoz municipal do partido, Fernando Márquez, e pola secretaria xeral da agrupación, Yolanda Vázquez Pazos. Persoas coas que espera contar «para a nosa candidatura, que incluirá tamén caras novas e xente con gañas e ideas para traballar por San Sadurniño», avanzou.

O candidato explica que aínda que son tempos difíciles para participar en política, «creo que agora é momento de dar un paso adiante para intentar cambiar as cousas, para presentar ante a sociedade un gran proxecto transformador como o que impulsa o Partido Socialista».

Lourido se compromete a «traballar duro dende o primeiro día» para obter os mellores resultados electorais e a facelo con «total transparencia, honestidade e humildade, formulando propostas en positivo e fuxindo de descalificacións».

Eduardo Lourido é o novo candidato do PSOE á alcaldía de San Sadurniño (cedida)

Eduardo Lourido é o novo candidato do PSOE á alcaldía de San Sadurniño (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies