Home / Actualidad / Eliximos Narón critica os orzamentos e pide maiores partidas para o fomento do emprego

Eliximos Narón critica os orzamentos e pide maiores partidas para o fomento do emprego

FERROL360 | Mércores 27 xaneiro 2016 | 10:25

O grupo de Eliximos Narón Electores non está de acordo coa distribución económica por concellerías que realizou goberno local nos orzamentos de 2016. ENE considera que o Concello gasta demasiado en festas, deporte e cultura, e reclama que as actividades para o fomento do emprego deberían ter máis peso e recibir unha partida maior.

Eliximos Narón Electores critica que o goberno local utiliza a vella práctica romana do «pan e circo». Así, nun comunicado, explica que o «pan» correspóndese coa asistencia social para garantir a subsistencia e o «circo» son as festas, os deportes e as actuacións culturais.

Atendendo ao desglose do orzamento por estes sectores, ENE sinala que a para asistencia social primaria destínanse 2,5 millóns de euros, mentres que para festas populares e festexos as contas locais recollen unha partida de 215.000 euros.

Para deportes resérvanse 1,91 millóns de euros e para equipamento e promoción cultural 2 millóns de euros. En total, nestes tres apartados gástanse 4,1 millóns de euros, mentres que para as actuacións de carácter económico adícanse 371.000 euros e para o fomento do emprego 253.000 euros.

Dende ENE advirten que «cada cousa ten que ir na súa medida» e consideran que as actuación de carácter económico e o fomento do emprego deberían ter un maior peso «para que os naroneses teñan traballo e, por tanto, poidan gañar o pan».

Postura de EU sobre o IBI

O grupo de Esquerda Unida de Narón tamén reclama ao goberno local un cambio de rumbo na súa política económica e pide a aplicación do sistema fiscal progresivo no que «paguen máis os que máis teñen».

EU entende que este principio de fiscalidade progresiva debe darse no IBI e solicita ao goberno que elabore uns criterios acordes coa finalidade de aplicar impostos xustos. Para elo propón que se poñan en marcha unhas bonificacións para as persoas ou familias con menos recursos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies