Home / Cultura / Eliximos Narón pide á Mancomunidade que apoie a petición para conceder a Medalla de Ouro de Galicia a Andrés Do Barro

Eliximos Narón pide á Mancomunidade que apoie a petición para conceder a Medalla de Ouro de Galicia a Andrés Do Barro

FERROL360 | Luns 8 febreiro 2016 | 18:06

O grupo de Eliximos Narón Electores pide ao Concello de Narón e á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol que apoien a petición popular para conceder a Medalla de Ouro de Galicia a Andrés do Barro. ENE lembra que desde hai tres anos a Plataforma Medalla de Galicia a Andrés Do Barro traballa para conseguir que o músico sexa recoñecido con este galardón a título póstumo.

Nun comunicado, ENE explica que Andrés Do Barro é «unha referencia ineludible da música galega» con cancións que permanecen na memoria como O Tren, Corpiño Xeitoso, San Antón, Pandeirada e Teño Saudade, entre outras. Reivindican tamén a súa modernidade e o seu labor pioneiro na fusión da música popular co pop.

Trátase dunha figura imprescindible para entender o desenvolvemento da escena galega, «xa que nel está o xénese do pop en Galicia». Consideran desde o grupo que ben merece ser posuidor da Medalla de Ouro de Galicia por ter conseguido «ser número un en popularidade e ventas de discos con cancións en galego, que hoxe forman parte do expositor musical galego e español».

Andrés Do Barro é un dos galegos máis universais dos anos 70 e tivo o mérito de ser un dos primeiros cantautores que usaron o galego durante a ditadura franquista. Sinalan desde ENE que «non utilizou o galego como arma política, só buscaba dignificar o seu idioma materno e reivindicar un lugar para o galego na música popular».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies