Home / Actualidad / En marcha a veda do polbo, que rematará o 1 de xullo

En marcha a veda do polbo, que rematará o 1 de xullo

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 00:00

A veda para a captura do polbo nas costas galegas comeza ás 16:00 horas deste venres, anunciou a Xunta. Este período rematará ás 05:00 horas do luns 1 de xullo, segundo detalla a resolución do plan experimental para a xestión desta especie de cara á campaña 2019-2020.

Deste xeito, as capturas desembarcadas este venres poderán ser comercializadas o sábado nas lonxas que realizan de xeito cotián vendas desta especie nas fins de semana. O período causa a prohibición expresa da súa recollida con calquera arte en augas baixo competencia de marisqueo para Galicia.

A Consellería do Mar consensuou co sector un novo plan do polbo, en vigor dende este venres e vixente ata a publicación do correspondente ao ano que vén. Do 1 de xullo ao 31 de agosto, ao mesmo tempo, o máximo para esta especie será de 30 quilos por barco e día, aos cales haberá que engadir outros tantos por cada tripulante a bordo ata o máximo de 210 diarios.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*