Home / Ferrol / Narón / En Narón, a túa vella bici vale un sorriso para o Centro de Recursos Solidarios

En Narón, a túa vella bici vale un sorriso para o Centro de Recursos Solidarios

FERROL360 | Miércoles 26 diciembre 2014 | 19:49

A campaña “A túa vella bici vale un sorriso” chega por terceiro ano consecutivo ao Concello de Narón. É unha iniciativa solidaria que pretende que os nenos donen a bicicleta que xa non usen, por vella ou por quedarlles pequeña. Os vehículos serán para o Centro de Recursos Solidarios do municipio.

O equipo de Educación vial do Concello, dirixido por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, encargarase de arranxalas e poñelas nas mellores condicións posibles. O Centro de Recursos Solidarios xestionará o reparto, cuxo fin é que a bicicleta sirva de agasallo de Nadal para algúns neno de Narón.

A doazón de bicis pode facerse nos centros escolares de Narón, ata o 19 de decembro; ou tamén no propio Concello naronés, de 8:30 a 13:30 horas, ata o 23 de decembro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies