Home / Ferrol / San Sadurniño / En xaneiro volve a San Sadurniño a Escola de familias

En xaneiro volve a San Sadurniño a Escola de familias

FERROL360 | Martes 3 xaneiro 2017 | 12:33

O Concello de San Sadurniño impulsa de novo en 2017 unha serie de obradoiros nos que facilitarlles aos papás e mamás algunhas chaves sobre a educación infantil e as relacións no seo familiar co obxectivo de favorecer o desenvolvemento persoal da rapazada.

Coas sesións, que arrancarán en xaneiro e durarán ata maio, preténdese construír un espazo para a participación activa, o intercambio, a reflexión, o debate e a aprendizaxe conxunta de todas as persoas do grupo.

Neste espazo de reflexión e de intercambio de experiencias, trataranse diversos temas relacionados en último caso coa comunicación familiar e os estilos educativos, as normas e límites, as adiccións e as novas tecnoloxías.

A escola vai dirixida a pais, nais ou persoas titoras con fillos e fillas en idade escolar matriculadas no CPI de San Sadurniño. A actividade terá unha frecuencia mensual e desenvolverase no propio colexio os martes pola tarde de 15:30 a 17:00 horas con datas distintas dependendo dos temas e as idades para os que estean máis aconsellados.

Programación

No caso de familias con rapaces e rapazas de infantil e primaria comezarán o 17 de xaneiro cun obradoiro de habilidades sociais, que terá una segunda fase o 14 de febreiro. O 14 de marzo e 18 de abril a sesión versará sobre normas e límites e o 16 de maio sobre novas tecnoloxías.

Para aquelas nais e pais de alumnado de secundaria a actividade arrancará o 24 de xaneiro cun obradoiro sobre normas e límites, seguirá o 21 de febreiro e 14 de marzo con temática centrada no consumo de drogas e o 25 de abril e 23 de maio tamén será sobre novas tecnoloxías

A Escola de familias será impartida pola entidade Asfedro, coa colaboración do Programa de Educación familiar do Concello, do CPI de San Sadurniño e de especialistas en formación sobre novas tecnoloxías da Garda Civil. As inscricións hai que facelas na secretaría do colexio, no Concello ou ben chamando aos teléfonos 981490 027 -ext. 1- ou 881 930 489.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies