Home / Actualidad / Endesa inicia a revisión programada da central pontesa de ciclo combinado

Endesa inicia a revisión programada da central pontesa de ciclo combinado

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 13:39

Endesa iniciou a revisión programada da central de ciclo combinado da vila de As Pontes, tarefa que rematará o vindeiro 22 de xuño. A compañía concretou que os traballos contarán coa intervención de 70 empregados dunha vintena de empresas contratistas, sumándose o propio plantel da instalación.

Nun comunicado, o grupo eléctrico afirma que a revisión inclúe inspeccións das turbinas de gas e do seu compresor, pero tamén levará a cabo a mesma actividade nas principais bombas de planta e procederá ao mantemento dos interruptores. Por último, inclúese a inspección e reparación de válvulas críticas e de alternadores, entre outras iniciativas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies