FERROL360 | Luns 20 xullo 2015 | 20:13
Facer da estación de autobuses de Ferrol un lugar más accesible para persoas con problemas de mobilidade é o obxectivo da visita este luns ás instalacións de representantes da Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas e de COGAMI, que asesoran en materia de accesibilidade nas obras de remodelación que se van acometer na estación.
Entre as obras de remodelación que se van levar a cabo están a mellora de beirarrúas de acceso principal á estación con ramplas que permitan o libre paso de cadeiras de rodas, carros de bebés ou maletas, así como a realización de obras de mellora nos andéns dos autobuses coa construción de ramplas que permitan o acceso libre aos autobuses.
Tamén se levará a cabo un paso peonil de acceso aos aparcadoiros da estación, a creación no andar alto dun aseo accesible ás persoas con mobilidade reducida e a mellora do aseo que está agora operativo no andar baixo. Ademais de obras para incrementar a anchura da porta do elevador e a creación de dúas prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida.
Dende transportes ARRIVA, adiantou que aumentará a súa flota de autobuses adaptados, de xeito que en 2016 serán un total de 46 e queren lograr a accesibilidade total da flota en 2018. Ademais, este ano vai incorporar dous autobuses tipo urbano para realizar a ruta Fene-Mugardos-Ares-Correos Ferrol e volta.