Home / Actualidad / Entra en funcionamento o aparcadoiro disuasorio da Fervenza en Neda

Entra en funcionamento o aparcadoiro disuasorio da Fervenza en Neda

FERROL360 | Sábado 30 decembro 2017 | 19:31

Esta semana remataron as obras levadas a cabo no aparcadoiro construído ao pé do camiño de acceso á Fervenza para acabar cos atrancos de tráfico. Unha actuación cun orzamento de case 6.000 euros e que puido realizarse grazas á cesión gratuíta do chan por parte de dúas veciñas de Neda.

Desde o Concello de Neda explican que os traballos consistiron na adecuación do terreo e máis en botar unha capa de firme para facilitar o estacionamento de vehículos. A zona habilitada é duns 1.500 metros cadrados.

O camiño da Fervenza é un paso obrigado para as persoas que gustan de camiñar e ver un salto de auga desde unha altura de 45 metros, un dos maiores que existen en Galicia. Coa realización desta obra o Concello quere darlle prioridade aos peóns, acabar cos problemas de tráfico na zona e velar pola conservación do medio ambiente

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies