Home / Cultura / Ernesto Chao e Rosa Álvarez protagonizan a obra que chega ao Jofre este sábado

Ernesto Chao e Rosa Álvarez protagonizan a obra que chega ao Jofre este sábado

FERROL360 | Mércores 30 abril 2014 | 17:30

Un profesor de Literatura reflexiona sobre a súa última etapa da súa vida. Bota a ollada atrás para lembrar e revivir aqueles tempos felices que marcaron a súa mocidade e dos que agora non atopa nin a máis mínima pegada.

O país do Pato Donald é unha obra intimista que profundiza nos sentimentos dun matrimonio para facerlle chegar ao público esas mesmas sensacións que viven as dúas personaxes.

Esta proposta teatral, dirixida por Xúlio Lago, aglutina a súa forza no texto e na interpretación dos actores Ernesto Chao e Rosa Álvarez, quen ademais dirixen a compañía Lagarta Lagarta Teatro.

A Asociación de Amig@s do Teatro Jofre organiza a visita deste colectivo teatral ao auditorio ferrolán, na súa volta aos escenarios despois dun parón de dous anos de actividade.

Terá lugar o sábado dende as oito e media da tarde. As localidades custan 5 euros e poden adquirirse de maneira anticipada na páxina web do Concello de Ferrol.

'O país do pato Donald', a obra protagonizada por Ernesto Chao e Rosa Álvarez visita o teatro Jofre este sábado

‘O país do pato Donald’, a obra protagonizada por Ernesto Chao e Rosa Álvarez, visita o teatro Jofre este sábado

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies