Home / Sociedad / Educación / Escolares de centros educativos ferroláns estrean unha curtametraxe que aborda a violencia de xénero

Escolares de centros educativos ferroláns estrean unha curtametraxe que aborda a violencia de xénero

FERROL360 | Luns 5 maio 2014 | 19:49

A Viaxe é o título dun proxecto audiovisual levado a cabo por alumnado de distintos centros educativos da urbe naval.

A temática sobre a que xira esta curtametraxe, gravada coa colaboración da produtora SocialDocs, é a violencia de xénero. A cinta quere facer reflexionar, especialmente dende a sociedade educativa, sobre a consecución de relacións igualitarias entre homes e mulleres.

Narra a historia de dous adolescentes que comezan unha relación amorosa. Ao pouco, o seu círculo de amigos comeza a preocuparse do excesivo control que o mozo realiza sobre a rapaza e as cousas irán a peor cando esta decide solicitar unha praza nun curso internacional.

A estrea de A Viaxe terá lugar este mércores ás 16:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero, do Ensanche A. Contará coa presenza da edil de Xuventude e Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal, e tamén acudiran os propios estudantes e parte do equipo técnico.

O acceso á proxección é libre e gratuíto ata completar aforo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies