Home / Deportes / Ciclismo / Escolares de Narón participan na X edición da Marcha Ciclista Escolar

Escolares de Narón participan na X edición da Marcha Ciclista Escolar

Marcha Ciclista Escolar de Narón (cedida)

Marcha Ciclista Escolar de Narón (cedida)

FERROL360 | Venres 16 xuño 2017 | 12:02

Alumnas e alumnos dos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal, A Gándara, Santiago Apóstol, A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, do centro Virxe de Chamorro e do colexio de Neda Maciñeira participan este venres na X edición da Marcha Ciclista Escolar de Narón.

Ás 10:15 horas o alumnado saíu dos centros dividíndose en tres grupos que percorreron outras tantas rutas ata reunirse nun punto de encontro. O destino final, como cada ano, é o paseo marítimo de Xuvia.

Sobre as 13:00 horas, aproximadamente, regresarán de novo en bicicleta cara aos seus colexios, dando por rematada esta nova edición da Marcha Ciclista Escolar.

Representantes das Anpas dos centros, do Moto Club Fojeteiros, do ximnasio Beny Gym, dos clubes ciclistas Vara e Pedal, Eskornabois, Camaleones Narón Bike e Clásico BikeWorks acompañarán aos escolares no percorrido, xunto con persoal do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies