Home / Ferrol / Ares / Escolares de Neda visitaron a Confraría de Barallobre coa campaña Ondas de ilusións: escolas do mar

Escolares de Neda visitaron a Confraría de Barallobre coa campaña Ondas de ilusións: escolas do mar

FERROL360 | Venres 9 xuño 2017 | 9:55

Escolares de Neda visitaron esta semana a Confraría de Barallobre no marco da campaña de sensibilización e divulgación dos valores e recursos do mar ‘Ondas de ilusións: escolas do mar’, que promove o GALP Golfo Ártabro Norte.

A iniciativa ten como obxectivo achegar ás novas xeracións ó entorno litoral do Golfo Ártabro Norte, ensinar in situ a cultura mariñeira, os recursos naturais, así como as artes e tradicións relacionadas coa pesca artesanal. Tamén busca que os peques se involucren no coidado dos nosos mares e tomen hábitos de consumo responsable dos produtos do mar.

Esta primera edición pretende ser un referente de divulgación como complemento educativo dentro do calendario escolar. Para iso, a campaña conta con tres alicerces básicos: unha charla impartida nos propios centros sobre a biodiversidade e a conservación mariña; unha excursión na que levan a cabo variadas actividades relacionadas coa mar e un concurso de contos.

Na actividade de excursión os escolares aprenden in situ o traballo das mariscadoras na Confraría de Barallobre, participan nunha limpeza de praia concienciándose sobre a gran problemática dos residuos mariños, visitan o Museo da SGHN ou Exponav para valorar o noso patrimonio histórico-cultural, entre outros.

A campaña está a ter lugar durante o terceiro trimestre deste curso 2016-2017. Participan 13 centros dos municipios de Ares, Cabanas, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume cun total de 500 participantes de primaria.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies