FERROL360 | Mércores 13 agosto 2014 | 17:21
Os veciños de Esmelle son conscientes da importancia de conservar a nosas tradicións, así coma de recuperar as formas nas que os nosos maiores facían algunhas labores. Por iso, este sábado 16 de agosto realizarán a malla cunha malladora nos anos 50 e irán vestidos coa indumentaria da época. Será no campo da festa a partires das 19:00 horas.
Ademais da malla, haberá unha degustación dun guiso de parrochitas e música tradicional. Esta actividade forma parte do Programa de Recuperación Etnográfica do Ciclo do Pan que inclué a sega do trigo, a moenda do grá e o cocido do pan.
Por outra banda, desde a Asociación de Veciños Valle de Esmelle lembran que ata o día 20 de agosto está aberto o prazo para apuntarse á Romaría Castrexa que terá lugar o vindeiro 23 de agosto. Os interesados deben inscribirse no local social.
O programa de actos da romaría arranca ás 12:30 horas coa apertura dos postos de artesanía e venda; Ás 13:00 horas terá lugar a sesión vermú flok a cargo de Zoadeira; a Asociación Néboa será a encargada de dar lectura ao pregón ás 14:00 horas e trinta minutos máis tarde comezará a comida castrexa.
Ás 16:00 horas comenzarán os xogos do Paporrubio e ás 19:00 horas comezará a actuación do grupo Chiculate. Ademais, haberá obradoiros de artesanía, tiro con arco, etc.
Debate sobre el post