Home / Cultura / Espasante festexa desde este vernes o IV Festival EntreMareas

Espasante festexa desde este vernes o IV Festival EntreMareas

Actuación do Festival EntreMareas (foto: Festival EntreMareas)
Actuación do Festival EntreMareas (foto: Festival EntreMareas)

Ferrol360 | Xoves 20 xullo 2017 | 17:27

Música, teatro e feira de artesanía e alimentación son as actividades que atoparemos na IV edición do Festival EntreMareas, que terá lugar do venres ao domingo no Porto de Espasante, en Ortigueira.

Haberá pasarrúas de banda de gaitas, baile tradicional, música de rúa, actividades variadas para os máis pequenos, clown e malabares e concertos. De xeito paralelo, tamén se celebrará a I Festa da Zamburiña.

Nesta edición participarán grupos de Galicia, Portugal, Asturias, Santander e Andalucía. Tomade nota da programación. O venres actuarán: Electra; ANAUT; Paraguaii e Maple Apple. O sábado: Andarivel; Pepe Vaamonde Grupo e Böj. E o domingo: Ke Nin Diös; Más Madera e Evil is a Queen.

Haberá unha zona de acampada con duchas e baños.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies