Home / Cultura / Espectáculo infantil, danza, andaina e teatro en Narón

Espectáculo infantil, danza, andaina e teatro en Narón

FERROL360 | Sábado 26 novembro 2016 | 11:49

Completo programa de actividades culturais e deportivas para esta fin de semana en Narón. O Concello programou un espectáculo infantil, tamén haberá danza e teatro, actividades deportivas e unha homenaxe ao exalcalde naronés Antonio Martínez Aneiros.

Dentro dos actos do Día de Narón, o Concello organiza unha homenaxe a Antonio Martínez Aneiros, que terá lugar este sábado a partir das 17.00 horas nas inmediacións da cooperativa do Val. Darase o seu nome a unha rúa no Val e a un complexo de instalacións localizadas na parroquia.

Á mesma hora arrancará o XXIV Trofeo de Natación Cidade de Narón no Complexo polideportivo da Gándara. Uns douscentos nadadores participarán neste evento deportivo, organizado pola Agrupación Deportiva Náutico de Narón en colaboración co Padroado de Deportes de Narón.

Para os máis peques da casa, no Café Teatro do Pazo da Cultura, a compañía Teloncillo representará o espectáculo Múuu, de música, teatro e danza. Será nun primeiro pase ás 18.00 e un segundo pase ás 19.00 horas.

As entradas para o segundo pase, xa que as do primeiro esgotáronse, teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados. O aforo está limitado a un centenar de persoas.

A compañía Nova Galega de Danza subirá ao escenario do Pazo co espectáculo Son, no que a danza contemporánea se fusiona con outros estilos. A cita será ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados.

Actividades para o domingo

Nova edición do programa Ponte en ruta con nós, que neste caso realizarase entre Covas e Cabo Prior, se ben os camiñantes sairán das inmediacións do pavillón da Gándara, nun autobús que os levará ao punto de partida. Comezará ás 11.00 horas.

Este domingo remata no Couto a VIII Mostra de Teatro Amador coa obra Terapia de bar, dirixida polo naronés José Prieto. a cita será a partir das 19.00 horas no Local social da Picota (O Couto).

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies