FERROL360 | Mércores 21 outubro 2015 | 19:26
Esqueda Unida Ferrol apoia as reivindicacións e mobilizacións levadas a cabo nas últimas semanas pola ANPA do CEIP Recimil e sinala que decisión de Educación de eliminar dúas prazas, unha de titora e outra de apoio, é «inxusta» sobre todo tendo en conta que se informou deste cambio a unha semana de comezar as clases.
Nun comunicado, o EU Ferrol asegura que «esta eliminación supón un serio perxuizo para o desenvolvemento rutinario da actividade docente do Centro, ao que se suma a complexidade de recuperación destas prazas en vindeiros cursos, unha vez se avance nesta decisión».
Desde Esquerda Unida queren poñer en valor «a loita» exercida pola ANPA do CEIP Recimil, que en nunhas semanas foron quen de recoller máis de 1.800 sinaturas de apoio ás súas reivindicacións. Ademais, o grupo apunta que o alcalde de Ferrol, e militante de EU, Jorge Suárez, ten solicitada unha xuntanza co conselleiro de Educación para tratar esta problemática.
Pero el Concejal de Educación y el Gobierno Municipal, no han hecho ni una sola gestión delante de la Consellería, abandonando a la ANPA a su suerte