Home / Actualidad / “Estamos dacordo co saneamento da ría, sempre que sexa sostible”

“Estamos dacordo co saneamento da ría, sempre que sexa sostible”

Vecinos sujetando un cartel contra el tanque (foto: Marta Corral)

Vecinos sujetando un cartel contra el tanque (foto: Marta Corral)

MARTA CORRAL | Martes 2 xullo 2013 | 09:45

A ubicación dos tanques de tormenta que constitúen a rede de saneamento da ría de Ferrol, continúa sendo un tema polémico que afecta á veciñanza. Os primeiros en protestar e mobilizarse foron os veciños de Ferrol Vello que conseguiron salvar o parque da Ranita dos tanques. Tócalle a quenda agora aos veciños do Pilar, que loitan contra o tempo para frear a construcción do tanque no parque Pablo Iglesias.

Acollidos pola Asociación de Veciños do Pilar, algúns dos veciños afectados constituíron a Comisión de Medio Ambiente do Barrio do Pilar, un organismo autónomo dentro da asociación veciñal. Falamos con José María Hernández, que exerce de voceiro da Comisión.

FERROL 360.- Cal é o obxectivo principal da Comisión?
José María Hernández.- Non queremos o tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias nin en ningunha outra zona que perxudique aos veciños. O noso obxectivo é facer todo o posible por cambiar o emprazamento e, dun xeito secundario pero igual de importante, abrir un debate técnico para estudar se este modelo de saneamento da ría a partires de grandes infraestruturas é sostible económica e medioambientalmente.

360.- Quedan dous meses para o comezo das obras no parque, por que demorouse tanto a reacción dos veciños?
J.M.H.- Eu entereime un día que baixei a coller o bus e vin as árbores e farolas pintadas de laranxa, hai dous meses. Cando publicouse de xeito oficial a licitación da obra, só apareceu na sé que ten a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense e nunha dependencia administrativa da Coruña, pero aquí nin se publicou nin se informou aos veciños. Fíxose cunha nocturnidade e aleivosía que dá moito que sospeitar, porque sabían que a xente se lles ía botar enriba.

360.- Por que se fixo con tanta premura?
J.M.H.- Porque o Concello ten présa. Hai en xogo unhas axudas europeas ao traverso dos fondos FEDER que teñen que gastar antes de decembro de 2015, o máis rápido é facer obra nun terreo de propiedade municipal.

360.- Para que serven os tanques de tormentas?
J.M.H.- En teoría, para almacenar a primeira media hora da auga da choiva que leva toda a suxedade que hai na superficie, facer unha predepuración desa auga e logo levala aos colectores. O que pasa é que aquí tamén haberá que almacenar augas fecais e o resto das pluviais.

360.- Como afectarán os tanques aos cidadáns?
J.M.H.- Nun primeiro termo, a nivel económico. O custo de mantemento pode ser brutal, fálase de dous millóns de euros, un custo moi elevado para un Concello como o de Ferrol. De aí que non fora difícil que ese mantemento non se levara a cabo e que aparecesen filtracións, verquidos, que haxa malos cheiros ou contaminación da terra.

360.- E todo isto, nunha das pocas zonas verdes que quedan na cidade de Ferrol e ao carón de dous centros escolares.
J.M.H.- Si. Hai un informe da Dirección Xeral de Patrimonio, no que din que os tanques non deberían ubicarse nos parques públicos. Nese informe estaba o parque da Ranita e os tanques de Esteiro 1 e Esteiro 2, que é este. Logo houbo alegacións á Confederación Hidrográfica, entón sacouse á Ranita, pero non Esteiro. Este de Pablo Iglesias é o segundo parque en extensión de Ferrol logo do Raíña Sofía, e se na Ranita non se fixo, aquí tampouco debería facerse.

360.- Falas da Ranita, cómo lograron os veciños de alí cambiar o emplazamento?
J.M.H.-Na Ranita houbo un movemento moi forte, había eleccións municipais á vista, entón movilizouse incluso o partido que goberna agora, o PP. Houbo alegacións por parte da Autoridade Portuaria e houbo un movemento cidadán moi importante. Se xuntaron unha serie de factores que aquí non se deron.

360.- Que estades a facer dende a Comisión de Medio Ambiente do Barrio do Pilar?
J.M.H.-Primeiro, tentar meter a moción no Pleno e ver como se posicionan PSdeG-PSOE e EU-IU, porque sabemos que a apoian pero con algunha reticencia nas cuestións técnicas. A moción estaba xa en mans do BNG neste anterior pleno, pero polas circunstancias do desaloxo non se presentou. Tamén fixemos dúas charlas cun arquitecto e un biólogo, a idea é facer máis para que os cidadans teñan toda a información técnica posible.

360.- Nesas charlas cuestiónase a sostenibilidade deste modelo de saneamento da ría.
J.M.H.- Pensamos que é cuestionable. Primeiro, son once tanques de tormentas na marxe norte da ría, que están pensados para unha poboación moi superior á de Ferrol. Despois, sorprende como, por unha banda, fálase do saneamento da ría, pero por outro fanse cousas que impiden o saneamento natural, como foi o dique do porto exterior ou, máis recente, o trazado sur do tren ao porto. Ademáis, hai que sumarlle os verquidos incontrolados que as industrias fan á ría. Cando falamos co Concello, din que isto é fundamental para o saneamento, pero vemos que as infraestruturas van por outro camiño, sendo un contrasentido técnico. Nós estamos de acordo co saneamento da ría, sempre que sexa sostible.

360.- Que esperanzas albergades á hora de conseguir o voso obxectivo?
J.M.H.- Os técnicos falan de que é posible ese cambio de ubicación. A esperanza é a movilización cidadá e os distintos apoios políticos. Se o partido que está no goberno pode ver perigar a súa maioría absoluta por un movemento veciñal forte e polo apoio da oposición, si se pode cambiar tendo en conta que é viable técnicamente.

360.- Contabades antes co apoio da Asociación Veciñal de Esteiro, pero retirou ese respaldo.
J.M.H.- A Asociación estaba con nós case ao cento por cento, pero quedamos abraiados na reunión que tivemos no Concello cos técnicos e a concelleira dos barrios de Esteiro e Recimil, Martina Aneiros. Alí non nos apoiaron en absoluto; despois diso non hai un mínimo de entendemento para facer unha oposición conxunta. Eles alegan que cambiouse o proxecto e quedaron conformes, pero case todo estaba xa contemplado no proxecto, agás a construción dun parque de xogos provisional, que é unha minucia comparado co que pedimos nós, “non ao tanque de tormentas de Pablo Iglesias”.

360.- Nestes dous meses que quedan por diante, qué accións levaredes a cabo?
J.M.H.-Todos os mércores ás 20:15 na asociación de veciños do barrio do Pilar temos asemblea. Nela decidimos cando facemos as concentracións no parque. Agora, en verán, farémolas pola semana, pero sempre de xeito legal para que non haxa problemas. Precisamos que os cidadáns se sumen á nosa iniciativa, así que estamos a traballar en diversas actividades que faremos no parque: xogos, poesía, teatro, música… todo o que podamos, para crear unha masa crítica de xente que nos convirta nun interlocutor perfectamente valedeiro co Concello e os técnicos, que faga que se cuestionen o modelo que propoñen.

Vista panorámica do parque Pablo Iglesias (Foto: Marta Corral)

Vista panorámica do parque Pablo Iglesias (Foto: Marta Corral)

5 comentarios

  1. Felipe do Muíño

    Como unos pocos, movidos sólo por su egoísmo personal y la consideración de que el Parque es de su propiedad, paralizar una obra que beneficia al conjunto de la Ría de Ferrol y de sus ciudadanos?

  2. Ocupar 200 m2 de una superficie de 20.000m2, para una obra pública, es un atentado ecológico? Que se esconde detrás de la oposición a que se sanee la Ría de Ferrol?

  3. El saneamiento del al orilla sur de la Ría de Ferrol , que afecta a Fene, Mugardos y Ares, con 38 kilómetros de longitud, y para lo que se hizo la Estación Depuradora de Punta Avarenta, 5 casetas de bombeo y 24 tanques de tormentas, va a comenzar a funcionar este año 2013 con poco más de dos años de ejecución de obra.
    No hubo protestas ni de Ayuntamientos, ni Partidos Políticos, Sindicatos, Asociaciónes de Vecinos, Ecologistas, Mariscadores, Pescadores, etc, porque todos saben de la necesidad de sanear una de la Ría de Ferrol.
    En la parte NORTE de la Ría que afecta a Neda, Narón y Ferrol siguen mareando la perdiz, dándole vueltas, mirándose el ombligo y poniendo por delante de los intereses generales , los particulares y egoistas de un pequeño grupo de vecinos.
    No se puede explicar de otro modo el sinsentido de la oposición al Tanque de Tormentas del Pilar, que es absolutamente necesario para que entre en funcionamiento la Depuradora de Caneliñas, para sanear la Ría de Ferrol y para que más personas puedan encontrar trabajo en el marisqueo y la pesca , en una comarca que tiene el mayor desempleo de Galicia.
    Animo al Ayuntamiento de Ferrol a acabar la obra, con todas las garantías exigibles, cuanto antes y hacer oídos sordos a los cantos de sirena y al egoísmo irracional de unos pocos

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies