Home / Cultura / Este domingo Ferrol acolle a Festa da Caricatura con debuxos gratis para os asistentes

Este domingo Ferrol acolle a Festa da Caricatura con debuxos gratis para os asistentes

FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 15:12

Vale que nas caricaturas non se destacan precisamente os nosos rasgos máis fermosos e non son a imaxe máis bonita e perfecta de nós, pero si son graciosas, divertidas e moi coñeras. Nalgún momento da nosa vida todos, ou case todos, quixemos ter unha caricatura. Individual, en parella ou mesmo co can, hainas para todos os gustos, e este domingo podemos levarnos unha gratis.

Seis profesionais do humor gráfico, algún procedentes de Portugal, instalaranse na Galería Sargadelos, o Parador de Turismo e o Café Avenida, para realizar retratos gratuítos a todas as persoas interesadas. Será ao longo de toda a mañá.

A Festa da Caricatura é unha iniciativa do Club de Prensa de Ferrol, que ademais no transcurso da xornada entregará o premio do Primeiro Certamen de Caricatura Cidade de Ferrol. Hai un total de 16 finalistas, que opran a un premio de 600 euros e un trofeo.

A entidade pretende que esta Festa teña continuidade no tempo e que Ferrol reúna, unha vez ao ano, aos mellores caricaturistas, moitos dos cales traballan nos medios facendo xornalismo gráfico.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies