Home / Sociedad / Empleo / Este luns ábrese o prazo de inscrición dun curso de carnicería dirixido a mozos desempregados de Narón

Este luns ábrese o prazo de inscrición dun curso de carnicería dirixido a mozos desempregados de Narón

FERROL360 | Venres 10 abril 2015 | 20:06

O curso de carnicería enmárcase dentro do programa «Mocifor 2015», que está dirixido a mozos desempregados do municipio de Narón con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. En total ofértanse 15 prazas, e o alumnado seleccionarase por rigurosa orde de inscrición.

As solicitudes poderán presentarse do 13 ó 17 de abril no Rexistro Xeral do Concello de Narón, en horario de 8:30 a 13:30 horas. Deberán vir acompañadas de fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar).

O curso terá unha duración de 400 horas, e se desenvolverá no Centro Municipal de Formación de A Gándara –con prácticas en empresas- do 27 de abril ó 17 de agosto, de luns a venres (5 horas ó día).

Publicidad

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies