FERROL360 | Luns 16 novembro 2015 | 10:00
Unha educadora e unha traballadora sociais comezan este luns as visitas ás vivendas de Recimil para analizar a situación social dos residentes e incluír eses datos no censo de vivendas que iniciou o Concello de Ferrol.
O obxectivo das visitas é tentar detectar os problemas sociais que poidan existir nas familias do barrio, para así acadar unha convivencia pacífica e evitar os conflictos que se rexistraron nalgunhas zonas.
Aínda que se tratará tamén contar coas forzas de seguridade cando sexa necesario, dende o Concello se tenta sobre todo proporcionar atención a menores e familias que poden atoparse en situación de conflictividade social.
Deste modo, a intervención en Recimil farase dende o ámbito social e familiar, cunha comprobación policial do censo de residentes, a colaboración por parte de Patrimonio, e coa comprobación do estado das vivendas por parte de técnicos da Oficina de Rehabilitación que examinarán o estado de conservación das casas.
Co censo tamén se actualizarán os datos existentes e o obxectivo é telo rematado cara finais do mes de decembro ou principios de xaneiro. Esta iniciativa forma parte dun plan integral que contempla, entre outras cuestións, facilitar o acceso á vivenda dos residentes en Recimil con dereitos históricos.
Que les acompañe Caselas y le retribuyan por esa labor, que está muy necesitado el pobre