Home / Cultura / Ábrese o prazo para participar no VI Concurso Fotográfico «Cidade de Narón»

Ábrese o prazo para participar no VI Concurso Fotográfico «Cidade de Narón»

FERROL360 | Luns 2 novembro 2015 | 15:46

A concellería de Turismo de Narón abrirá este martes o prazo para participar no VI Concurso Fotográfico «Cidade de Narón», que repartirá un total de 1.200 euros en premios.

As persoas interesadas en concursar deberán entregar as súas imaxes, baixo un pseudónimo, no Rexistro do Concello ou no quinto andar, ata o 17 de novembro en horario de 08.30 a 13.30 horas.

As fotografías a presentar poden remontarse ata setembro de 2014 e deberán estar relacionadas coa fotografía deportiva ou de promoción do exercicio físico relacionada co Concello, non limitándose exclusivamente os temas á competición.

Bases do concurso

Nas fotografías debe recoñecerse con claridade a presenza da administración local, a través de instalacións, exteriores, equipación, logotipos ou escudos do Concello de Narón ou Cidade de Narón, tal e como se especifica nas bases do certame.

Poderanse presentar ata un máximo de tres imaxes por persoa, en cor ou en branco e negro, cunha resolución mínima de 1024×768 píxels e en formato JPG, TIFF ou PNG.

O soporte deberá ser obligatoriamente dixital e cada unha debe levar un título como nome de arquivo. Podedes atopar as bases completas do concurso na páxina web da Concellería de Turismo  ou na do Concello  e tamén se pode chamar ao número de teléfono 981.33.77.00 (ext.1517).

O autor da fotografía que obteña o primeiro premio recibirá 750 euros; o segundo galardón será de 300 euros e o terceiro de 150. O fallo do xurado farase público unha vez transcurran 30 naturais desde o inicio do prazo de presentación das fotografías.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies