Home / Cultura / Este mércores preséntase un libro homenaxe a Carvalho Calero, «RCC. O Carballo que fun en Ferrol»

Este mércores preséntase un libro homenaxe a Carvalho Calero, «RCC. O Carballo que fun en Ferrol»

FERROL360 | Martes 25 febreiro 2020 | 19:00

Este mércores, a partires das 19:30 horas e no salón de actos de Afundación de Ferrol, terá lugar a presentación do libro «RCC. O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero». Na obra colaboraron varios autores e estivo coordenada polo historiador Bernardo Máiz Vázquez.

A edición corre a cargo do Club de Prensa de Ferrol en homenaxe ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero e como contribución ao Día das Letras Galegas. Carvalho Calero residiu en Ferrol apenas 29 dos seus oitenta anos de vida e en tres etapas; de 1910 a 1926, de 1932 a 1936 e de 1941 a 1950.

Os longos espazos de tempo lonxe debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación da Guerra Civil, á estadía no cárcere como preso político e, dende 1950, á docencia en Lugo e Compostela.

Homenaxe a Calero

Este volume sobre o Ricardo Carvalho Calero máis ferrolán é obra doutros ferrolterráns de orixe ou adopción. Entre eles se atopan Antonio Blanco Carballo, Delia Vázquez, Xosé María Dobarro, Jose-Martinho Montero, Xaime Bello e Elvira Roiz. Os asistentes ao acto de presentación recibirán un exemplar do libro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies