Home / Ferrol / Ferrol / Este mes de marzo os peques da casa teñen unha cita cos «Sábados Miúdos»

Este mes de marzo os peques da casa teñen unha cita cos «Sábados Miúdos»

REBECA COLLADO | Ferrol | Martes 1 marzo 2016 | 18:40

Actividades didácticas, de balde, en galego e divertidas. Os «Sábados Miúdos» son a perfecta combinación de lecer, aprendizaxe e conciliación da vida familiar e laboral. Unha cita á que os peques da casa non poden faltar e que terá lugar todos os sábados de marzo no museo da Sociedade Galega de Historia Natural, de 11:30 a 12:30 horas.

A iniciativa, que non ten límite de prazas, está dirixida a nenos de 3 a 12 anos. Polo Correo do Vento serán os encargados de impartir estes contacontos nos que se falará das historias de mulleres científicas galegas, dous delas ferrolás. Así, a oceanógrafa Ángeles Alvariño, a astrónoma Antonia Ferrín e a veterinaria Rebeca Atencia protagonizarán as tres primeiras sesión.

As Concellerías de Normalización Lingüística e Cultura de Ferrol organizan esta actividade que busca ser un espazo para que os nenos «xoguen e aprendan en lingua galega», salientou Álvaro Montes, concelleiro de Normalización Lingüística. Aínda que toda a programación non está pechada, Montes avanzou que os obradoiros desenvolveranse de primavera a outono.

Nesta mesma liña, o edil de Cultura, Suso Basterrechea, avanzou que este programa nace con vocación de continuidade e esperan que se convirta nunha programación estable no tempo. Tamén indicou que este tipo de iniciativas teñen demanda «tanto polo caracter de conciliación da vida familiar e laboral como polo papel activo dos nenos».

Programación

Quique Mauricio, de Polo Correo do Vento, explicou que as actividades consistirán en contacontos ilustrados «nos que queremos poñer en valor ás mulleres científicas galegas». Deste xeito, ao tempo que se conta a historia destas científicas unha persoa irá debuxando un mural vinculado co que se conta. Os pequenos poderán facer preguntas e finalizará a cita cun obradoiro de debuxo das protagonistas do conto.

Abrirá este programa o día 5 de marzo a vida e o traballo da ferrolá Ángeles Alvariño, que destacou no campo da oceanógrafía; a olladora de estrelas Antonia Ferrín collerá o relevo o día 12 de marzo. Os peques coñecerán o traballo doutra ferrolán, Rebeca Atencia, na recuperación de gorilas na reserva de Tchimpounga na República do Congo o sábado día 19 de marzo.

E o último sábado do mes, coincidindo coa Semana Santa, haberá un contacontos de Manuel María, ofrecendo un Día das Letras Galegas adiantado para todas aquelas familias que regresan á cidade nestas datas.

Pola súa banda, os representantes da SGHN agradeceron ao Concello que pensaran nas instalacións do Museo para acoller estas actividades e fixeron fincapé na necesidade de facer deste lugar un espazo de lecer no que os nenos aprendan e estean en contacto coa natureza.

Un comentario

  1. Iracundo Cuiña

    Que curioso que el concelleiro Alvaro Montes se haga eco en su twitter de todas las noticias, entrevistas, etc incluida esta y no lo haga con la entrevista que le han hecho días pasados en otro medio y en la que no sale bien parado. Que no se olvide que las diferentes opiniones van incluidas con la nómina, sino no haberse presentado o hacerlo muchísimo mejor.

Responder a Iracundo Cuiña Eliminar comentario

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies