Home / Cultura / Este sábado celébrase unha nova representación das lendas da Pena Molexa na parroquia do Val

Este sábado celébrase unha nova representación das lendas da Pena Molexa na parroquia do Val

FERROL360 | Venres 19 xuño 2015 | 20:00

As lendas da Pena Molexa contan a historia dun feitizo no que unha bela fada, ou unha moura, segundo as diferentes versións, se converteu nunha rocha na noite do solsticio de verán. Esta rocha atópase preto do Castro de Vilasuso e a Pena Lopesa, e alí precisamente celebrase cada ano esta iniciativa organizada pola Asociación de Veciños “Irmandiños” do Val e o Concello de Narón.

O programa de actos arrancará ás 18:00 horas, deste sábado, con xogos populares e deporte rural. Ás 20:30 horas actuará o Grupo de Gaitas do Padroado do Concello de Narón e a partir das 21:00 horas repartiranse as primeiras racións de churrasco Molexo e do bocata Lopeso. O grupo de música Zoadeira actuará ás 22:30 horas e a continuación os asistentes dirixiranse á Pena Molexa.

Así, ás 00.00 horas comezará a tradicional representación das lendas. Nelas cóntase que, cada ano pola noite de San Xoán, a muller déixase ver na zona ata que alguén acabe co feitizo. Os actos rematarán cunha lumeirada que estará amenizada polo Dúo Boreal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies