Home / Sociedad / Educación / Estudantes dos CPI A Xunqueira e Os Casais gañan os premios Ciencia contada e debuxada

Estudantes dos CPI A Xunqueira e Os Casais gañan os premios Ciencia contada e debuxada

FERROL360 | Luns 15 decembro 2014 | 17:38

«A rebelión dos robots», de Tatiana Luaces Fraga de 3º de ESO do CPI A Xunqueira foi o relato gañador do premio Ciencia contada e debuxada na categoría ESO. Mentres que «Baixo a sombra do pasado», de Marina Veiga Paz e tamén de 3º de ESO do CPI A Xunqueira alzouse co segundo premio nesta mesma categoría.

«Os nosos favoritos», da aula de Infantil de 3 anos do CPI A Xunqueira gañou o primeiro premio
de debuxo na categoría de Educación Infantil. Mentres que «Invisibles«, da aula de 6º de Primaria do CEIP Os Casais logrou o primeiro premio de debuxo pero na categoría de Primaria. O segundo premio foi para «Ciencia e vida é a mellor compañía», de David Parga Torrente, alumno de 5º de Primaria do CPI A Xunqueira.

Os premios Ciencia contada e debuxada enmárcanse dentro do programa «Fene, coa ciencia en galego», que é unha iniciativa conxunta dos centros de ensino da localidade e
o Concello de Fene.

Este certame de debuxos e relatos curtos relacionados coa ciencia e a ciencia-ficción trata de pór en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar da sociedade e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos. A el se presentaron preto de medio centenar de traballos.

Os galardonados recolleron os seus premios este luns no Concello (cedida)

Os galardonados recolleron os seus premios este luns no Concello (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies