Home / Ferrol / Ares / Exhibición de baile na praia de Ares este sábado pola noite

Exhibición de baile na praia de Ares este sábado pola noite

FERROL360 | Sábado 26 xullo 2014 | 15:00

A praia de Ares acolle a partires das 21:00 horas unha exhibición de baile na que se amosarán diferentes modalidades de danza. O acto terá lugar no tramo de praia ao carón do posto de socorrismo e contará coa participación da Escola municipal «Danzares», ademais do Club Móvete, Capoeira Luanda Ferrol, Brío Danza e Miscelánea.

A iniciativa pretende potenciar unha actividade que en Ares está a ter unha máis que destacada e exitosa presenza entre o público de tódalas idades. O evento está organizado polo Concello de Ares e a Escola Municipal de Danza e Baile Moderno.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies