FERROL360 / MARTA CORRAL | Domingo 28 setembro 2014 | 14:16
Unhas 400 personas achegáronse na mañá deste domingo ata o paseo marítimo de Xuvia para gozar da 72ª Exposición Monográfica do Pastor Alemán ‘Cidade de Narón’. Unha mostra na que participan 100 exemplares da máxima calidade, procedentes de toda España e Portugal.
A actividade, organizada pola delegación galega do Real Club del Perro Pastor Alemán (CEPPA) en colaboración co Concello de Narón, desenvolverase ata ás 17:30 horas. A entrada é libre.
Hai seis clases de participación: cachorros de catro a seis meses, cachorros de seis a nove meses, cachorros de nove a doce meses, moi xóvenes -de 12 a 18 meses-, xóvenes -de 18 a 24 meses- e máis de 24 meses.
Tres xuíces de máximo nivel, os alemáns Lothar Quoll e Hans-Peter Fetten e o español Javier Silva, encárganse de xulgalos e valoralos. Durante a mostra celebrarase unha homenaxe a José Abad, directivo do CEPPA, recentemente falecido.