Home / Actualidad / Expectación na avenida de Esteiro durante o simulacro dun accidente grave

Expectación na avenida de Esteiro durante o simulacro dun accidente grave

Simulacro do accidente (foto: Concello Ferrol)

FERROL360 | Martes 17 maio 2022 | 14:01

Numeroso público achegouse na mañá deste martes á avenida de Esteiro para presenciar o simulacro dun accidente de tráfico grave. Medios sanitarios e de seguridade participaron neste simulacro para amosar o traballo coordinado entre todos os axentes implicados na atención dun sinistro deste tipo. A actividade enmárcase na I Semana da Seguridade Viaria de Ferrol.

No simulacro do sinistro estivo involucrado un autobús con pasaxeiros e dous vehículos. A través de megafonía, se explicarou o desenvolvemento do despregue sanitario e de seguridade para dar visibilidade ás consecuencias reais dun accidente de tráfico.

Precisamente, concienciar a nenos, precondutores e adultos da gravidade da sinistralidade na estrada e minorar as súas consecuencias para a saúde pública é o obxectivo das actividades programadas na I Semana da Seguridade Viaria de Ferrol.

As propostas continuarán este mércores coa Escola de Mobilidade do Concello de Ferrol, que se trasladará á praza do Inferniño en horario de 16.00 a 20.00 horas. Neste espazo habilitarase un circuíto para que os menores podan conducir pequenos vehículos e coñecer as sinais de tráfico. A experiencia repetirase o xoves no barrio de San Xoán e o venres no Cantón, tamén en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Ademais, o xoves terá lugar un encontro con vítimas e penados por delitos de seguridade viaria. Trátase dun evento formativo e preventivo no que intervirán membros das forzas de seguridade, persoal sanitario, bombeiros, vítimas, familiares e persoas penadas por cometer delitos contra a seguridade viaria. A cita será no Auditorio e diríxese a estudantes de 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Xa o venres se celebrará unha gala escolar no Auditorio municipal á que acudirán arredor de 450 escolares de educación primaria dunha ducia de centros escolares. Aprenderán as normas de seguridade viaria a través dun xogo en grandes dimensións da oca. Nesa mesa xornada o Concello ofrecerá unha charla informativa sobre educación viaria ao alumnado do IES Concepción Arenal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies