Home / Cultura / Exposición de Flor Taracido na Casa da Cultura de Fene dende este martes

Exposición de Flor Taracido na Casa da Cultura de Fene dende este martes

Cadro da pintora Flor Taracido na exposición Cores en Fene (foto: Concello de Fene)

Cadro da pintora Flor Taracido na exposición Cores en Fene (foto: Concello de Fene)

FERROL360 | Martes 3 xullo 2018 | 14:03

A artista ferrolá Flor Taracido inaugura este martes, 3 de xullo, na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene a súa nova exposición chamada «Cores. O reflexo da alegría de vivir». A mostra coas creacións da pintora abrirá ás portas ás 20:00 horas nun acto con entrada libre presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa.

A autora dos cadros medrou en ambientes moi creativos xa que provén dunha familia de artistas, principalmente de pintores e fotógrafos. A exposición reúne una serie de cadros nas que se notan os máis de 20 anos de experiencia da pintora que combina diferentes técnicas e estilos: carbonciño, plumilla, pastel, collage e, sobre todo, óleo.

Taracido ten amosado a súa obra en diferentes exposicións, tanto individuais como colectivas, no Pazo da Cultura de Carballo, no Centro Sociocomunitario da Xunta de Galicia en Ferrol, no Casino Ferrolano ou no Exponav-Museo da Construcción Naval de Ferrol.

A colección poderá visitarse de balde de luns a venres en horario de 10:00 a 14:15 horas durante todo o mes de xullo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies