Home / Cultura / Exposición de Narat na Casa da Cultura de Fene desde este luns

Exposición de Narat na Casa da Cultura de Fene desde este luns

FERROL360 | Domingo 11 septiembre 2016 | 12:23

Nove pintores da asociación Narón Amigos da Arte -Narat- amosarán os seus cadros na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene a partir deste luns. Trátase de Juan Zaplana, Pily Criado, Alejos, Esther Piñán, Manuel Carballeira, Mª Julbe Labrador, Jesús Regueira, Flor Taracido e Carlos Barcón.

A exposición, que se inaugurará ás 20:30 horas, contará con obras de mediano e grande formato e de temática diversa. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 30 de setembro, en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.

É a segunda vez que a asociación Narart expón en Fene, a anterior mostra data do mes de febreiro de 2013. A entidade naceu en xuño do 2011 co obxectivo de potenciar a actividade cultural nos campos das artes plásticas e literarias.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies