Home / Ferrol / Ferrol / Fabricación de prototipos, servizos tecnolóxicos ou turismo centran os proxectos do coworking de Ferrol

Fabricación de prototipos, servizos tecnolóxicos ou turismo centran os proxectos do coworking de Ferrol

FERROL360 | Xoves 22 setembro 2016 | 18:03

A fabricación de prototipos PCB -circuítos impresos-, a prestación de servizos tecnolóxicos para control de drons ou para instalación de fibra optica ou para o comercio electrónico centran algúns dos proxectos emprendedores seleccionados para o coworking de Ferrol.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou este xoves as instalacións para participar nun encontro formativo cos 26 promotores dos proxectos seleccionados neste espazo, activado na sede do CIS Galicia. A intención do plan é impulsar 22 proxectos empresariais relacionados con outras actividades económicas como turismo, ou os servizos médicos, culturais ou formativos.

Os promotores dos proxectos seleccionados disporán, ao amparo da colaboración entre a Xunta, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial, de servizos á medida das súas necesidades formativas para desenvolver as súas ideas de negocio e acelerar a posta en marcha das súas empresas e a súa posterior consolidación.

No proxecto de colaboración Igape-EOI para aceleración de proxectos empresariais poderán participar en total, durante os dous próximos anos, arredor de 1.500 persoas con vocación emprendedora en toda Galicia, nas seis aceleradoras de emprendemento que veñen de activarse nas localidades de Ferrol, Cabana de Bergantiños, Monforte, Mondoñedo, Celonova e Xinzo.

En cada unha destas sedes haberá 4 edicións sucesivas que durarán cinco meses cada unha e que poderán acoller, en cada caso, entre un e tres emprendedores por cada un dos proxectos previamente seleccionados para cada edición, que serán un máximo de 22.

Prestamos para investimentos

Por outra banda, o director xeral do Igape informou sobre as peculiaridades da nova liña con préstamos, desde 49.000 euros, para financiar investimentos a partir de 70.000 euros. Os prazos de amortización serán de ata once anos, incluíndo un de carencia.

Aguilera destacou que, xunto coa viabilidade dos proxectos, valorarase o seu carácter industrial, sobre todo se prevé actuacións innovadoras relacionadas coa Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e coa Estratexia de Especialización Intelixente RIS3.

As pemes poderán financiar tanto a creación de novas instalacións produtivas en Galicia como actuacións de diversificación ou mellora substancial nos procesos industriais xa en marcha.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies