Home / Actualidad / Facenda e San Sadurniño ratifican a cesión dunha parte da antiga casa consistorial á Garda Civil

Facenda e San Sadurniño ratifican a cesión dunha parte da antiga casa consistorial á Garda Civil

FERROL360 | Luns 22 xuño 2015 | 19:00

O alcalde de San Sadurniño e o delegado de Economía e Facenda en Galicia suscribiron este luns o documento que permite ao Ministerio de Facenda inscribir a cesión dunha parte da antiga casa consistorial no Rexistro da Propiedade. Trátase dunha cesión por 25 anos e a entrega das instalacións fixérase oficial en xaneiro.

Aagora a Garda Civil iniciará en breve o acondicionamento das instalacións, que serán traballos menores porque que as estancias xa estaban preparadas como oficinas de atención ao público. A cesión aféctalle unicamente á entrada principal e ao primeiro andar do antigo consistorio, onde estaban situadas as oficinas municipais ata fai agora un ano.

O posto da Garda Civil de San Sadurniño atende con dez efectivos unha área duns 220 quilómetros cadrados e unha poboación próxima aos 6.000 habitantes, distribuída polos concellos de San Sadurniño, Moeche e As Somozas. Unha zona que aínda é maior se temos en conta que o destacamento local traballa en coordinación cos postos de Cedeira, Valdoviño e Ortigueira.

Casa da Xuventude

Este cambio de ubicación permitiralle ao Concello poñer en marcha o proxecto da Casa da Xuventude. Para elo acondicionaranse 228 metros útiles correspondentes ao antigo salón de plenos, o arquivo, o anterior recinto da oficina de orientación laboral e o propio espazo ocupado ata agora pola Garda Civil. A parte baixa acollerá dous locais de ensaio cunha sala de gravación mentres que o andar superior se equipará como centro para o lecer e para formación.

O proxecto da remodelación interior está definido desde hai varios meses, hai unha partida de 84.000 euros para as obras e xa se teñen avanzadas as liñas estratéxicas para dotalo de contido. A intención municipal é que este equipamento se converta nun referente para a mocidade do territorio e que sexa a propia xente nova quen xestione e dinamice no posible este novo espazo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies