Home / Ferrol / Narón / Falece un operario tras caerlle o material que manipulaba cunha grúa en Río do Pozo

Falece un operario tras caerlle o material que manipulaba cunha grúa en Río do Pozo

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 11:12

Un operario faleceu na tarde deste mércores no Polígono do Río do Pozo, en Narón, tras caerlle enriba unha prancha metálica que manexaba cunha grúa. O accidente tivo lugar cando o operario estaba traballando nunha nave ubicada na rúa Mariscadores.

A chamada dun particular alertou ao 112 Galicia que pediu asistencia médica urxente para o traballador, golpeado pola prancha metálica que se desprendeu da grúa que estaba manipulando. Así, desde o Centro Integrado de Atención a las Emergencias (CIAE) 112 Galicia, deuse aviso aos profesionais do 061- Urgencias Sanitarias.

Tamén se alertou aos axentes da Policía Nacional. Pouco despois, segundo informa o CIAE 112 Galicia, confirmouse o falecemento do operario.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*