Home / Cultura / Febreiro esperta sorrisos en Fene coa mostra Galician Metal Retranca

Febreiro esperta sorrisos en Fene coa mostra Galician Metal Retranca

Obra pertencente a mostra Galician Metal Retranca do autor Manuel Ángel Méndez. (foto:cedida)
Obra pertencente a mostra Galician Metal Retranca do autor Manuel Ángel Méndez. (foto:cedida)

FERROL360 | sábado 2 febreiro 2019 | 13:15

Sorrisos, humor e curiosidade. Estos son os tres obxectivos que busca o escultor Manuel Ángel Méndez Bellón a través da súa mostra «Galician Metal Retranca» que está aberta dende o sábado 2 ata o 27 do mes de febreiro na Casa da Cultura de Fene. Trátase dunha obra especial na que 25 figuras en ferro e chapa combinado con madeira, pedra e cristal, entre outros materiais, quere espertar un sorriso no público.

O uso na exposición de algo cotián como o ferro, pero a vez tan frío da lugar a unha situación cómica e surrealista nestas esculturas de metal a golpe de inxenio e imaxinación. Quen coñece a obra do autor sabe todo o traballo constante e serio que se atopa detrás destas figuras.

Aínda que pareza difícil é posible mezclar dous mundos tan diferentes como o traballo técnico e serio do metal co humor galego e a retranca. E que segundo en palabras do artista pretende que «ao sacar ese sorriso se valore tamén o traballo serio de elaboración que hai tras cada peza».

Quen queira disfrutar desta obra tan particular e diferente poderá facelo ata o próximo 27 de febreiro de luns a venres en horario de mañán de 10:00 a 13:00 horas e de tarde de 16:00 a 21:00 horas, namentres que os sábados o horario é de 10:00 a 13:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*