Home / Actualidad / Feijoo recoñece «ansiedade» por coñecer o «mes concreto» no que comezará a construción dos floteis

Feijoo recoñece «ansiedade» por coñecer o «mes concreto» no que comezará a construción dos floteis

FERROL360 | Venres 27 setembro 2013 | 18:05

Alberto Núñez Feijoo asegurou este venres que sinte «unha ansiedade compartida» co Goberno central en torno ao «mes concreto» no que comezará a construción dos floteis para Pemex en estaleiros galegos. Tralo Consello da Xunta, declarou que carece de motivos para cuestionar o vínculo da petroleira mexicana con Navantia e Barreras.

Así, Feijoo dixo que o presidente de México reforzou esas promesas no seu propio despacho e no Pazo da Moncloa. Xustificou o retraso na adxudicación polas «dificultades» derivadas das recentes reformas educativa e enerxética acometidas no país azteca, que provocaron unha importante tensión social.

O mandatario galego tilda de «comprensible» esa ansiedade e remarcou que «se tivera algunha información de que se incumpre ese compromiso, por suposto que a miña obriga sería trasladala de xeito inmediato, cousa que faría, pero de momento non a hai».

Ferrol

Preguntado polo contrato asinado esta semana entre Navantia e a navieira F. Tapias Galicia, falou dunha «boa noticia», aínda que asumiu que é «modesta». Citou o feito de que teña que ver cun barco «que ten contratado Pemex».

Observou que «ese armador trasladou, en privado comigo e despois en público, que hai posibilidades de contratar máis barcos similares con Pemex e, no suposto de que sexa así, a súa intención é facelos en Navantia Ferrol».

Alberto Núñez Feijoo compareceu ante os xornalistas tralo Consello deste venres (foto: Xoán Crespo / Xunta)

Alberto Núñez Feijoo compareceu ante os xornalistas tralo Consello deste venres (foto: Xoán Crespo / Xunta)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies